Friday 03 de May de 2024

O Concello de Miño dá un paso decisivo para formalizar a operación crediticia para o pago das sentenzas xudiciais aos expropiados de FADESA


O límite para efectuar o pago era o 31 de maio, pero tras a declaración do estado de alarma os prazos dilataríanse. Aínda así, a cobranza non se atrasará tanto xa que está previsto que o banco ingrese as cantidades a terceira semana de xuño.

O Concello de Miño dá un paso decisivo para formalizar a operación crediticia para o pago das
sentenzas xudiciais aos expropiados de FADESA. O pleno facultará ao alcalde para asinar o préstamo co
banco designado polo Instituto de Crédito Oficial. O límite para efectuar o pago era o 31 de maio,
pero tras a declaración do estado de alarma. Aínda así, a cobranza non se atrasará tanto xa que está previsto
que o banco ingrese as cantidades a terceira semana de xuño.
Debido principalmente ao proceso de expropiación da macro urbanización de FADESA, o Concello
presentaba ao peche do exercicio de 2019 unha débeda total de 22,3 millóns de euros, cifra totalmente
inasumible para calquera municipio sen contar co apoio doutras administracións. Na devandita cantidade
están incluídos os 7 millóns de euros concedidos ao Concello por parte do Ministerio de Facenda, para
abonar as cantidades que se debían en concepto de intereses. O goberno local, a través de múltiples
contactos co Ministerio de Facenda, a Deputación Provincial e a Xunta de Galicia, deu paso para
buscar financiamento, e desafogar así a situación da administración local.
A débeda non podía seguir crecendo. En agosto de 2019 os expropiados acudiron ao Salón de Plenos do
Concello para sentar co goberno local de Manuel Vázquez Faraldo e tratar este tema, para
posteriormente, en setembro de 2019, asinar o acordo polo cal estes expropiado renunciaban á
recarga de interese ao que tiñan dereito a cobrar, uns 300.000 euros anuais.
Unha vez tívose a confirmación da concesión destes case 7 millóns de euros, tan só falta que sexan
abonados aos expropiados, e como comentamos anteriormente, está previsto que sexa a mediados
de xuño. O préstamo é a 10 anos, con dous de carencia, por tanto comezarase a amortizar no
ano 2023, e a partir de aí terían que devolverse as cotas.

O alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, quixo “agradecer ao Ministerio de Facenda a concesión deste
préstamo”, e sobre todo, tamén “aos expropiados, que coa súa xenerosidade e a súa boa disposición permitiron
que o goberno local chegue a un acordo con todas e todos eles/ as, renunciando a cobrar a
recarga dos intereses sen o cal non sería viable esta operación.”
Faraldo declarou que “con este préstamo termínase un conflito de 18 anos. Os expropiados tiveron que
acudir en cadea a todo tipo de tribunais, gañando sentenza tras sentenza.” O que evitamos con este
acordo é que “a débeda siga crecendo, e o que buscamos agora é que o Ministerio axilice os trámites
para que os afectados poidan cobrar esta cantidade que foron concedidas por parte do Ministerio”,
sentenciaba o rexedor.